Galerías Fetén estará na Xornada Cultural Mar de Galicia o 18 de xullo

Galerías Fetén estará na Xornada Cultural Mar de Galicia o 18 de xullo

O próximo sábado 18 de xullo, o Museo do Mar de Galicia convértese durante doce horas en algo difícil de resumir nunha soa palabra: música en directo, piragüismo, debate sobre a ría, mercado de proximidade e gastronomía, todo co Atlántico de fondo. A Xornada Cultural Mar de Galicia arrinca ás 11:30 e non para ata as 23:30. Entrada aos escenarios musicais por 8 euros; o resto de actividades, gratuítas.

É exactamente o tipo de plan que nos cadra.

Galerías Fetén no Mercado Salitre

Estaremos no Mercado Salitre, o espazo dedicado ao comercio independente e as marcas galegas dentro do recinto do museo. Levamos unha selección pensada para o día e o lugar: prendas de algodón orgánico, accesorios e pezas de deseño de marcas con raíces en Galicia e inspiración atlántica. Cousas que teñen sentido fronte á ría.

Entre o que atoparás: camisetas de NWHR —marca galega con produción de proximidade e certificación orgánica— e unha selección de complementos de Montse Betanzos, colareira de O Grove, cuxas pezas están feitas con caracolas recollidas a man na ría de Arousa. Non podería haber mellor contexto para elas.

Se xa coñeces Galerías Fetén na Rúa Elduayen, sabes o que buscamos cando seleccionamos unha marca. Se non nos coñeces, o sábado é un bo momento para presentarnos.

Que máis pasa ese día

Tres escenarios con propostas moi distintas. O Escenario Ría acolle a programación máis ampla, con Cecilio G pechando ás 22:45. O Escenario Xanela, na parte traseira do museo con vistas á ría, programa punk, hardcore e rock desde as 19:00 con Lorahacepam, Dulce Compañía, YouCantHide e Zalomon Grass. E o Espazo Río Lagares, no interior das salas expositivas, ofrece electrónica experimental e ambient con Pálida, con acceso independente de 3 euros.

Fóra dos escenarios: iniciación ao piragüismo desde os 7 anos na área do Espigón, e unha mesa de debate sobre sostibilidade mariña coa bióloga Raquel Nogueira e os colectivos Lixo Atelier e Vazva. 

Toda a información na web das nosas amigas de A MOVIDA

📍 Museo do Mar de Galicia, Vigo
🗓️ Sábado 18 de xullo — 11:30 a 23:30 h
🎟️ Actividades culturais e deportivas: entrada libre. Escenarios musicais: 8€

Entrada antigua Volver a Noticias Publicación más reciente