Os bonos Activa Comercio xa se poden usar en Galerías Fetén
A Xunta de Galicia acaba de lanzar unha nova edición dos bonos Activa Comercio, a primeira de 2026, cun orzamento de 2,5 millóns de euros destinados a apoiar o comercio de proximidade en toda Galicia. A partir deste mércores 27 de maio ás 9:00 da mañá, podes descargar o teu bono e usalo na nosa tenda da rúa Elduayen.
A Voz de Galicia recolleo esta semana.

Como funciona o bono
Cada persoa maior de idade e residente en Galicia pode descargar un bono dixital de ata 30 euros en www.bonosactivacomercio.gal. O desconto aplícase no momento de pagar, segundo o importe da compra:
- Compras entre 20 e 30 €: desconto de 5 €
- Compras entre 30 e 50 €: desconto de 10 €
- Compras superiores a 50 €: desconto de 15 €
O bono ten formato de código QR, sempre dispoñible no móbil. Na tenda escaneamos o código e descontamos directamente no cobro, sen trámites.
Corre, o orzamento é limitado
A experiencia de edicións anteriores di que o presuposto pode esgotarse en cuestión de días. A campaña está prevista ata o 31 de decembro de 2026, pero non convén demorarse.

Se queres aproveitar o bono, podes vir vermos á rúa Elduayen ou botar un ollo á nosa selección de roupa, calzado e accesorios antes de vir. Estamos adheridos á campaña e listos para xestionar o desconto no momento da compra.